Presentación oral |
A2 A3 A5 A7 A8 A10 A15 B3 B4 B7 B8 B9 B14 |
Presentación oral en inglés. Terá un valor do 50% da nota total do traballo final. |
25 |
Os
progresos do alumnado serán avaliados no transcurso do seminario, tendo en
conta a asistencia a e a participación activa nas sesións presenciais, ademais
do traballo individual de cada alumno/a. Contemplaranse a participación,
implicación e execución das tarefas orais e escritas, realizadas dentro e fora
da aula (por exemplo, exercicios, problemas, comentarios, tarefas escritas,
presentacións orais e escritas, problemas de análise, e tests).Dado
o carácter semi-presencial do título, a asistencia é obrigatoria, salvo
dispensa solicitada en tempo e forma e concedida pola Comisión Académica
Universitaria do título, e sempre respetando as normativas de asistencia a
clase das tres universidades participantes no título, así como os sistemas de
avaliación que figuran expresamente nas guías docentes das diferentes materias,
e sen prexuízo das consecuencias que poida ter para a súa avaliación final a
ausencia a determinadas sesións presenciais.Quen
teña concedida a dispensa académica, e como establece a Normativa de
permanencia da universidade, será avaliado seguindo os criterios aplicables á
oportunidade de xullo.Quen
non leve a cabo o traballo tutelado, ou non teña realizado traballo igual ou
superior ao 50% do resto das categorías de avaliación, acadará a cualificación
de Non Presentado.Quen
non aprobe na primeira oportunidade terá á posibilidade da oportunidade de
xullo, na que cada estudante terá que demostrar ter acadadas as
competencias da materia mediante dous tipos de avaliación: un traballo tutelado
do mesmo valor porcentual e natureza que na primeira oportunidade, máis os
exercicios convidos que poidan suplir o resto das actividades.Importante.
Calquera indicio de PLAXIO resultará no suspenso para o alumno nesta materia.Turnitin é unha aplicación de uso para o profesorado
coa finalidade de revisar porcións detexto procedentes doutros textos e
sinalar a súa procedencia. É unha boa ferramenta para detectar o plaxio. O
seu uso é opcional, pero deberá advertirse ao estudantado na guía docente
xa que pode recoñecer traballos previamente presentados nesta ou noutras
universidades, incluso do mesmo estudante. Se esta circunstancia
acontecese, entenderase como contraria á honestidade académica e
aplicarase a Normativa Académica de evaluaciones, de calificaciones y de
reclamaciones avaliación. Con este aviso, quedan advertidos das consecuencias
académicas.
|