Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Movementos literarios e culturais dos países de fala inglesa | Código | 613505116 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Optativa | 3 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Seminario | Técnica de traballo en grupo que ten como finalidade o estudo intensivo dun tema. Caracterízase pola discusión, a participación, a elaboración de documentos e as conclusións ás que teñen que chegar todos os compoñentes do seminario. |
Sesión maxistral | Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. |
Análise de fontes documentais | Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (textos literarios, fragmentos de documentais ou películas, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. |
Traballos tutelados | Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe. SUPERVISED RESEARCH PROJECT: ELABORACIÓN DUN ENSAIO CRÍTICO. |
Debate virtual | Técnica de dinámica de grupos que xira en torno a unha discusión onde as persoas dialogan sobre un tema específico seguindo un esquema previsto. Intervén un moderador, que leva o debate. Desenvólvese a través dun contorno virtual de aprendizaxe mediante ferramentas de comunicación síncrona (Chat) ou asíncrona (foro). |
Presentación oral | Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da que o alumnado e profesorado interactúan dun modo ordenado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica. EXPOSICIÓN ORAL DO TRABALLO TUTELADO. |