Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Manifestacións artísticas e literarias dos países de fala inglesa | Código | 613505118 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Optativa | 3 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Traballos tutelados | A10 A12 A13 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 | -Ensaio (40%): Escribiredes un traballo de investigación que compare un dos produtos culturais estudados neste curso cunha obra da vosa elección. O ensaio debe seguir as pautas de estilo de MLA, entre outros requisitos (a determinar na aula). -Presentación en clase (20%): O estudantado expoñerá sobre algún aspecto relacionado cos contidos da materia. Requírese o uso de PowerPoint; proporcionaranse máis indicacións ao seu debido tempo. |
60 |
Seminario | A12 A13 B4 B6 B9 B11 B12 | O alumnado dispoñerá de textos e documentos audiovisuais que serán analizados na aula en profundidade. Espérase veñades a clase realizando as lecturas e os visionados con antelación; ademais, debedes participar con preguntas e comentarios. | 30 |
Prácticas a través de TIC | B3 B5 B6 B8 B10 B12 B13 | Haberá un foro en Moodle onde teredes que subir dúas tarefas: copiar e pegar a lista bibliográfica utilizada nos vosos traballos, que pode ser útil para os vosos/as compañeiros/as; enumerar e explicar os 5 puntos máis importantes que aprendestes neste curso. | 10 |
Observacións avaliación | |||
-Todas las actividades, incluidos los exámenes, tienen que estar escritas con letra clara; los errores de gramática, vocabulario, deletreo, puntuación y estilo en general repercutirán negativamente en las notas. -Os traballos e actividades deberán ser entregados en tempo e forma para así evitar unha penalización do 25% sobre a nota obtida nos mesmos. -O fraude en calquera actividade significará a cualificación de "cero". O profesorado poderá usar o servizo de detección do plaxio “Turnitin” para revisar o traballo do alumnado. -Aquel(a) estudiante que non leve a cabo o traballo tutelado ou non teña realizado traballo igual ou superior ao 50% do resto das categorías de avaliación acadará a cualificación de NP ("Non Presentado"). -A avaliación de xullo contará cos mesmos apartados que en xuño, excepto polo seminario que se substituirá por un control de lecturas e visionados. -Dado o carácter semi-presencial do título, a asistencia é obrigatoria, salvo dispensa solicitada en tempo e forma e concedida pola Comisión Académica Universitaria do título. Quen teña concedida dita dispensa, como establece a Normativa de permanencia da universidade, será avaliad@ seguindo os criterios aplicables á convocatoria de xullo. -O alumnado que se presente á convocatoria adiantada de decembro avaliaranse segundo as normas especificadas para a oportunidade de xullo. -A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Filoloxía (no seguinte enderezo electrónico: pat.filoloxia@udc.gal). -De acordo con as distintas normativas que rexen a docencia universitaria, é necesario incorporar a perspectiva de xénero nesta materia. Isto inclúe, entre outras medidas, o uso dunha linguaxe non sexista, bibliografías inclusivas desde a perspectiva de xénero e fomentar a participación de todo o alumnado en clase, independentemente do seu xénero. -Prestaremos especial atención a identificar e abordar os prexuízos e actitudes sexistas. Traballaremos activamente na modificación desta contorna e na promoción de valores de respecto e igualdade. -Os nosos esforzos centraranse en detectar casos de discriminación de xénero e implementar as accións apropiadas para corrixir os devanditos casos. |