Lecturas |
A10 C7 |
Para alén da eventual presentación oral dalgunha das lecturas propostas, será avaliado o nivel de análise e compreensión das restantes lecturas demostrado no trascurso das outras apresentacións, nos seminarios e nas discusións dirixidas. |
30 |
Seminario |
B10 C9 |
Será avaliada fundamentalmente a comprensión e o dominio dos conteúdos apresentados e comentados, así como a utilidade da discusión para os propósitos da materia. Levarase tamén en conta a calidade lingüística, a organización e a secuencia expositiva, a clareza e precisión nas intervencións, a interacción co auditorio, o uso do tempo dispoñíbel e a eventual elaboracion e utilización dos recursos tecnolóxicos. |
10 |
A
avaliación da materia será feita de forma continua na primeira
oportunidade. Nela serán levados en conta non apenas os
elementos referidos no lugar correspondente deste guía mais tamén,
de xeito transversal, as competencias lingüísticas, argumentativas
e para a aprendizaxe colaborativa demostradas ao longo do proceso de
ensino-aprendizaxe.
Todas
as actividades deberán ser realizadas e entregadas de acordo cos
prazos e os procedementos fixados no cronograma que o
profesorado fornecerá ao alumnado no inicio das sesións e
pendurará no Campus Virtual. As actividades entregadas fóra do
prazo marcado non serán obxecto de avaliación. Para superar a
materia, o alumnado deberá atinxir unha cualificación igual ou
superior a 5 puntos sobre 10.
Se
houver criterios específicos de avaliación para algunha das
tarefas propostas, estes serán oportunamente disponibilizados polo
profesorado responsábel pola materia através do Campus Virtual
e/ou expostos na sala de aulas. O pessoal docente fornecerá,
igualmente, as oportunas instrucións para o correcto
desenvolvemento de cada unha das actividades previstas.
Todas
as actividades ou probas deberán cumprir unhas exixencias mínimas
de formato y corrección lingüística (ortografía, puntuación,
concordancia sintáctica, ausencia de reiteracións, precisión
léxica, rexistro formal…); no caso de deficiencias
lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na
cualificación segundo os criterios que figuran no documento
"Exixencias mínimas de corrección lingüística"
(aprobado pola Sección de Galego-Portugués en 6/7/2918 e publicado
no Campus Virtual).
Calquera
falta de honradez académica (plaxio, utilización de textos
ou ideas dotras autorías sen indicar a procedencia, copia en
tarefas, traballos ou outras variábeis destas características)
será penalizada de acordo coa normativa vixente na UDC. Os
traballos presentados polo alumnado poderán ser incorporados ao
Turnitin, ferramenta para a detección do plaxio así como de
traballos previamente presentados nesta ou noutras universidades,
incluso polo/a mesmo/a estudante. En caso de se verificar falta de
honradez académica, poderán ser aplicadas as medidas contempladas
nas Normas de avaliación, revisión e reclamación das
cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario da
Universidade da Coruña (artigo 14.4). No xeral, a realización
fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez
comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso "0"
na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera
cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara
a convocatoria extraordinaria.
As
persoas que non superaren a materia de acordo coa avaliación
continuada na primeira oportunidade deberán concorrer á
oportunidade de xullo. Para superar a materia nesta segunda
oportunidade, o alumnado terá de realizar o exame (5 valores) na
data marcada ao efeito pola Facultade de Filoloxía e aquelas
lecturas ou traballos tutelados (5 valores) que lle foren
encomendados.
O
estudantado a tempo parcial ou con dispensa académica deberá
realizar un exame (5 valores) nas datas marcadas ao efeito pola
Facultade de Filoloxía e entregar nunha data previamente concertada
co docente aquelas lecturas ou traballos tutelados (5 valores) que
lle foren encomendados. Se non puider asistir ao atendemento, este
alumnado deberá pórse en contacto co profesorado a través do
correo electrónico no inicio do curso. Aquel alumnado que
certifique imposibilidade de asistir ás aulas debe tamén contactar
co profesorado da materia o máis rapidamente posíbel desde que
esta circunstancia se producir.
O
alumnado que se apresentar á convocatoria adiantada de decembro
terá de contactar previamente co docente responsábel pola materia
e, para a superar, terá de realizar un exame (5 valores) na data
marcada ao efeito pola Facultade de Filoloxía e aquelas lecturas ou
traballos tutelados (5 valores) que lle foren encomendados.
Será
considerado Non Presentado aquel/a estudante que non entregue
ningunha das actividades previstas neste guía ou non se apresente
ao exame na oportunidade correspondente.
A
materia pode ser adaptada para estudantes que precisen a adopción
de medidas voltadas ao apoio á diversidade
(física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada
coa saúde mental). Se necesario, é posíbel entrar en contacto cos
servizos disponíbeis na UDC/ no Centro: coa Unidade de Atención á
Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/) dentro dos
prazos oficiais estipulados con antecedencia de cada trimestre
académico; caso contrario, coa Tutora ADI da Facultade de Filoloxía
(no e-mail: pat.filoloxia@udc.gal).
De
acordo co recollido nas diferentes normativas de aplicación para a
docencia universitaria, esta materia incorpora a perspectiva
de xénero
nos seus contidos e organización. Será usada
linguaxe inclusiva e prestarase atención à inclusión de
bibliografía producida por persoas de diferentes identidades de
xénero. Evitarase a discriminación por motivos de xénero na
participación do alumnado en todos os procesos de ensino e
aprendizaxe. Serán fomentados os valores do respecto e da
igualdade, e non será aceptadas nin a reprodución de prexuízos
nin as actitudes discriminatorias. Se foren identificadas situacións
de discriminación por razón de xénero, serán propostas accións
e medidas concretas para as corrixir.
|