Eventos científicos e/ou divulgativos |
Asistencia a conferencias ou actividades culturais programadas como complemento da materia. |
Traballos tutelados |
O alumnado preparará un traballo de investigación sobre algún aspecto relacionado coa materia dunha extensión aproximada de 10 páxinas. Valorarase a capacidade de análise, a organización das ideas, a orixinalidade, a fundamentación científica..., etc. Tamén serán tidas en conta as cuestións formais (presentación, expresión, sistema de citas, referencias bibliográficas...). |
Proba oral |
O traballo deberá ser defendido oralmente na aula e sometido a un breve debate co profesorado e o alumnado. |