Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Literatura, Memoria e Historia | Código | 613584119 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Optativa | 3 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Traballos tutelados | A1 A3 A4 A10 A9 A12 B4 B5 B6 B8 B2 B10 C1 C4 C7 C5 C6 | O traballo tutelado tratará sobre algúns dos puntos do programa ou sobre algunha das obras de lectura. A extensión e as restantes características deste traballo serán acordadas na aula. |
60 |
Análise de fontes documentais | A1 A4 A10 B4 B7 | A participación activa nesta actividade será avaliada e sumada á nota final. | 20 |
Lecturas | A1 A3 A4 A5 A6 A10 A12 B5 B7 B8 C1 C2 C3 C4 C7 C5 C6 | As lecturas serán avaliadas a través dos comentarios e das intervencións do alumnado na aula e no encontro científico. | 20 |
Observacións avaliación | |||
1. OPORTUNIDADE DE XULLO Deberán ser presentadas/realizadas as actividades avaliábeis non superadas ou non presentadas anteriormente de acordo coas indicacións específicas que o profesorado dará logo de concluído o período de avaliación da primeira oportunidade. 2. NON PRESENTADO Será considerado NON PRESENTADO/A o/a alumno que non presente o traballo titorizado. 3. DISPENSA ACADÉMICA Quen teña dispensa académica terá condicións especiais de avaliación: 1. Traballo tutelado (70%). 2. Proba mixta (para avaliar lecturas e análise de textos) (30%)
4. ALUMNADO CON INCOMPATIBILIDADE HORARIA POR RAZÓNS LABORAIS OU DOUTRO TIPO O alumnado con dificultades para asistir ás sesións presenciais deberá comunicalo á profesora na primeira semana do mes de febreiro. Unha vez comprobada a súa situación, poderá optar ás mesmas condicións de avaliación que o alumnado con dispensa académica.
5. CONVOCATORIA ADIANTADA DE DECEMBRO O sistema de avaliación será o mesmo que para as persoas con dispensa académica. O/A estudante deberá pórse en contacto co profesorado con antecedencia suficiente. 6. IMPLICACIÓNS DO PLAXIO A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a perda do dereito á oportunidade na que se cometa a falta e respecto da materia na que se tivese cometido. Nas actas figurará un non presentado nesta oportunidade. 7. INDICACIÓNS XERAIS As datas e condicións específicas de cada elemento da avaliación serán estabelecidas no inicio do período de aulas. |