PRIMEIRA
OPORTUNIDADE
A
primeira oportunidade será avaliada do seguinte xeito:
O
50% da nota global da materia corresponderá a unha proba escrita
teórica sobre os coñecementos e competencias adquiridos ao longo
do curso. Será precisa unha NOTA MÍNIMA de 5 (sobre 10) nesta
proba escrita para superar a materia.
O
45% da nota global da materia corresponderá coas prácticas
desenvolvidas ao longo do curso empregando os recursos da aula
informática. Cada práctica curta terá unha cualificación máxima
de 3 puntos e cada práctica longa terá unha cualificación máxima
de 7 puntos.
Finalmente
outro 5% da nota corresponderá á participación nas aulas de
teoría e a resolución e entrega dos exercicios curtos que se
propoñan na mesma nos diferentes temas.
A
entrega das prácticas non é obrigatoria. Unha vez aprobada a proba
escrita, a cualificación das prácticas entregadas correctamente
sumarase á nota final.
OBSERVACIÓNS:
SEGUNDA
OPORTUNIDADE
Poderán
presentarse á segunda oportunidade UNICAMENTE aqueles/as estudantes
que non superen a materia na primeira oportunidade
A
segunda oportunidade constará de dúas partes:
Proba
escrita teórica (55% da nota final), para recuperar a nota da proba
teórica da primeira oportunidade. Será precisa unha NOTA MÍNIMA
de 5 (sobre 10) nesta proba escrita para superar a materia.
Actividades
prácticas (45% da nota final) para recuperar a nota das actividades
prácticas na aula informática. Estas actividades poderán ser, a
criterio do equipo docente, as mesmas da primeira oportunidade ou
outras de similar dificultade. O enunciado das actividades será
publicado no Moodle da UDC logo de publicarse as cualificacións
definitivas da primeira oportunidade.
OBSERVACIÓNS:
Cada
estudante poderá escoller se opta a recuperar todas ou parte das
prácticas.
Se
un/unha estudante decide non realizar a recuperación da parte
práctica, conservará a nota obtida na primeira oportunidade nesa
parte.
Os/as
estudantes con nota inferior a 5 na proba escrita teórica na
primeira oportunidade deberán recuperar esa parte na segunda
oportunidade para aprobar a materia.
Aqueles
alumnos/as que se presentan ao exame extraordinario (ou adiantado)
de decembro, deberán contactar co profesorado para que se
establezan as prácticas a entregar para superar a materia.
DISPENSA ACADÉMICA
Aqueles/as
estudantes con matrícula a tempo parcial e dispensa académica que
lles exima da asistencia ás clases poderán entregar as prácticas realizadas durante o curso empregando o material dispoñible en vídeo con explicacións dos enunciados publicados no Moodle da materia. Tanto en primeira como en segunda oportunidade, o 55% da nota global corresponderase coa proba escrita teórica e o 45% coas actividades prácticas.
OBSERVACIÓNS
Á AVALIACIÓN
A materia
poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de
medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual,
auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde
mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos dispoñibles
na UDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira
previa a cada cuadrimestre académico, coa Unidade de Atención á
Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/);
no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Filoloxía (no
seguinte enderezo electrónico: pat.filoloxia@udc.gal)," para que o profesorado da materia poida adaptar os seus contidos e avaliación axeitadamente.