Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Lingua Española 2 | Código | 613G01013 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Obradoiro | A5 A10 A11 A14 A15 A21 A23 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B10 C1 C6 | Ao longo do cuadrimestre, realizaranse diversas actividades escritas no marco da aula (exercicios, comentarios...). O profesorado seleccionará até un máximo de catro para a súa entrega e avaliación a través do Campus Virtual. | 25 |
Traballos tutelados | A5 A10 A11 A14 A15 A21 A23 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B10 C1 C6 | Traballo en grupo (dous ou tres estudantes) no que se poñerán en práctica os coñecementos e competencias adquiridos. Este traballo contará coa supervisión do profesorado e un seguimento específico no marco das aulas. | 25 |
Proba mixta | A5 A10 A11 A14 A15 B4 B5 B7 | Examen final no que se mostrarán os coñecementos e competencias adquiridos, tanto dende o punto de vista teórico como aplicado. | 50 |
Observacións avaliación | |||
1. En todas as actividades escritas (exame, traballos, exercicios, comentarios...), será valorado o uso correcto e axeitado da lingua española, especialmente para fins académicos. Penalizaranse as faltas de ortografía, as de puntuación e a redacción deficiente. 2. Non será admitida a entrega de traballos fóra de prazo. 3. Calquera falta de honradez académica (plaxio, utilización de textos ou ideas dotros autores sen indicar a procedencia, copia en tarefas, traballos ou outras variábeis destas características) penalizarase de acordo co establecido na normativa académica. Lémbrese que o profesorado dispón de ferramentas para a detección do plaxio, como Turnitin. 4. Obterá a calificación de NP (non presentado) o alumnado que non entregue o traballo tutelado, aínda que teña realizado as restantes actividades. 5. Será preciso obter un mínimo de 4 puntos (sobre 10) na proba 6. O alumnado que teña que superar a materia en segunda oportunidade recuperará tan só as actividades que tiver suspensas. Nese caso, o profesorado facilitará as indicacións oportunas a propósito das características do traballo ou entrega de exercicios por medio do Campus Virtual, indicando as datas e procedementos de entrega, para que o alumnado poida organizar con tempo suficiente as tarefas para a segunda oportunidade. 7. A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade consonte ás indicacións da Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/), coa que se deberá contactar nos prazos establecidos por esta unidade. Pódese contar tamén co asesoramento da titora ADI da facultade (pat.filoloxia@udc.gal). 8. O nivel mínimo de competencia lingüística recomendado para cursar esta materia, no caso do estudantado Erasmus e de convenios internacionais, é un B2 dacordo co Marco Europeo para o Ensino e Aprendizaxe de Linguas. Alumnado con dispensa académica de exención de asistencia Os procedementos e porcentaxes de avaliación serán os mesmos que para o restante alumnado. Porén, o traballo tutelado terá carácter individual (coa conseguinte adaptación de materiais, procedimentos e prazos de entrega). O profesorado porá ao dispor deste estudantado tanto as instruccións para a realización como os procedementos e datas de entrega a través do Campus Virtual. As titorías concertaranse por correo electrónico e terán lugar en horario axeitado tanto para o alumnado como para o profesorado. Oportunidade extraordinaria de decembro O alumnado en disposición de optar a examinarse da materia na convocatoria extraordinaria en decembro será avaliado a través da realización dun exame que suporá o 100 % da calificación. |