Aprendizaxe colaborativa |
A nomenclatura da guía non recolle a corrrespondente á disciplina filolóxica de comentario de texto literario, polo que se adopta esta denominación. Semanalmente haberá unha sesión interactiva na que se realizarán actividades relativas á aplicación metodolóxica do comentario de texto aplicado aos textos obxecto da materia. Para realizar esta actividade o estudante deberá traballar os textos propostos para a análise con anterioridade co fin de poñer en común o resultado do seu traballo. |
Sesión maxistral |
Haberá unha sesión maxistral por semana de novento minutos de duración. A responsabilidade desta sesión recae sobre a profesora. Os obxectivos destas sesións serán a exposición dos rasgos máis salientables dos periodos literarios abordados para os xéneros e os autores estudados.
|
Actividades iniciais |
No primeiro día de aulas os estudantes realizarán individulamente un comentario de texto literario por escrito co fin de determinar o nivel xeral e adecuar así a impartición da materia cara aosoibxectivos de mellora e progreso. Nesta mesma sesión darase conta das ferramentas metodolóxicas introductoras á materia.
|