Análise de fontes documentais |
Os diversos exercicios de análise e comentario de textos faranse en sesións presenciais de carácter práctico. Utilizaránse con preferencia textos acompañados de traducción, excepto naqueles casos en que unha explicación pormenorizada requira referirse á obra na súa lingua orixinal. Neses casos a explicación, sempre dunha pasaxe de extensión limitada, farase sobre o texto orixinal. |
Proba obxectiva |
Proba escrita individual, que se efectuará a final de curso a propósito dos contidos desenvolvidos tanto nas sesións maxistrais como nas sesións de carácter práctico. Valorarase sobre todo a capacidade crítica, a capacidade de extraer información a partir dos textos dos autores, a de relacionar uns autores con outros e a claridade dos conceptos. |
Lecturas |
O estudante fará as lecturas obrigatorias que se lle propoñan e dará conta dos resultados a través de comentarios orais nas sesións prácticas, no propio traballo tutelado ou na resolución da proba obxectiva. |