Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Normalización e Planificación da Lingua Galega | Código | 613G02031 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Terceiro | Optativa | 4.5 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Obradoiro | A1 A2 A4 A9 A11 A14 A15 A19 A23 A24 A27 B1 B2 B3 B4 B5 B7 B8 B9 B10 C1 C2 | Cada estudante deberá realizar diferentes exercicios e outras actividades prácticas nas sesións presenciais, ligados aos contidos das sesións maxistrais. | 10 |
Lecturas | A1 A2 A4 A11 A14 A15 A19 A23 A24 A27 B1 B2 B3 B5 B7 B8 B9 C2 | As lecturas farán parte esencial do traballo desenvolvido ao longo do curso e os seus contidos terán de ser desenvolvidos en diferentes exercicios, como resumos, comentarios críticos ou debates. | 15 |
Presentación oral | A1 A2 A4 A9 A11 A14 A15 A19 A23 A24 A27 B1 B2 B3 B4 B5 B7 B8 | O/a estudante terá de explicar e analizar criticamente unha acción de planificación lingüística desenvolvida nos ámbitos e sectores a que fan referencia os temas 2 e 3 dos contidos. | 25 |
Traballos tutelados | A1 A2 A4 A9 A11 A14 A15 A19 A23 A24 A27 B1 B2 B3 B4 B5 B7 B8 B9 C1 C2 C4 C6 C7 C8 | Cada estudante terá de desenvolver unha proposta de planificación lingüística, cuxo obxecto e orientación metodolóxica requirirá o visto e prace do profesorado en sesións de seguimento. Os traballos serán presentados e debatidos nunha sesión conxunta final. | 50 |
Observacións avaliación | |||
Para superar a materia o alumnado deberá conseguir unha cualificación global igual ou superior a 5 valores sobre 10, e deberá obter como mínimo 4 valores sobre 10 no traballo tutelado. Recibirán a cualificación de non presentado os/as estudantes que non entregaren o traballo tutelado e/ou non fixeren a presentación oral. Na segunda oportunidade (convocatoria de xullo), o alumnado será avaliado co mesmo sistema da primeira oportunidade. De ser o caso, só deberá entregar aquelas actividades e traballos non realizados na primeira oportunidade ou que non atinxiron unha cualificación do 40% da nota máxima prevista para cada actividade ou traballo. O alumnado a tempo parcial e con dispensa académica será avaliado de acordo con este sistema de avaliación: presentación oral (25%), traballo tutelado (50%) e lecturas (25%). As datas de entrega de traballos e realización da presentación oral serán definidas polo profesor con antecedencia suficiente. Na convocatoria adiantada de decembro aplicarase o mesmo sistema de avaliación do alumnado a tempo parcial e con dispensa académica. O/a estudante deberá contactar o profesor antes de acabar o mes de novembro. As datas de entrega de traballos e a realización da presentación oral serán definidas polo profesor con antecedencia suficiente. Tanto a presentación oral como o resultado das lecturas e o propio traballo tutelado deberán cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia sintáctica, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal…); no caso de deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na cualificación, segundo o documento "Exixencias mínimas de corrección lingüística" (aprobado pola Sección de Galego-Portugués o 6/7/2018 e pendurado en Moodle). Os traballos presentados polo alumnado poderán ser incorporados ao Turnitin, ferramenta para a detección do plaxio así como de traballos previamente presentados nesta ou noutras universidades, incluso polo/a mesmo/a alumno/a. En caso de que se produza algunha destas circunstancias, poderán ser aplicadas as medidas contempladas nas "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario da Universidade da Coruña" (artigo 14.4). A falta de honradez académica no traballo titorizado ou noutro dos elementos de avaliación conlevará a reprobación da actividade concreta. A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade consonte ás indicacións da Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/), coa que se deberá contactar nos prazos establecidos por esta unidade. Pódese contar tamén co asesoramento da titora ADI da facultade (pat.filoloxia@udc.gal). |