Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Lingua e Variación no Espazo Galego-Portugués | Código | 613G02042 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Cuarto | Optativa | 4.5 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Obradoiro | A10 A15 B8 | Realización de actividades prácticas derivadas das sesións maxistrais: comentarios de texto, de mpas, discusión de casos, comentarios das lecturas etc. As lecturas obrigatorias serán indicadas polo profesor no inicio do curso. | 20 |
Proba mixta | A15 A25 A26 B5 | Nesta proba, o alumnado deberá desenvolver temas e/ou preguntas relacionadas cos contidos vistos nas aulas, combinados con probas de tipo práctico. | 50 |
Traballos tutelados | A15 B1 B2 B3 B5 C7 C8 | Neste tipo de probas serán tidos en conta como valores da cualificación o correcto desenvolvemento do tema proposto, a clareza expositiva e argumentativa e a calidade lingüística. O traballo tutelado deberá ser exposto oralmente na data marcada para iso e a dita exposición poderá ser tida en conta para a avaliación. | 30 |
Observacións avaliación | |||
Observacións previas: Se necesario, a docencia da materia poderá ser adaptada ao estudantado que precisar de medidas encamiñadas a apoiaren a diversidade, en harmonía coas indicacións da Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es.cufie/ADI) con que se deberá contactar nos prazos estabelecidos por este órgao. Tamén se terán en conta as indicacións da titoria ADI da Facultade de Filoloxía (pat.filoloxía@udc.gal). Cuestións xerais: 1. Para superar a materia, o alumnado deberá conseguir globalmente unha cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10. Na proba mixta terá de obter como mínimo 5 puntos sobre 10 para poder sumar os restantes elementos de avaliación. 2. O alumnado terá de entregar os traballos e actividades no prazo fixado, os cales deberán cumprir unha exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia sintáctica, ausencia de reiteracións, precisión lexica, rexistro formal etc.); no caso de deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na cualificación, segundo o documento Exixencias mínimas de corrección lingüística (aprobado pola Sección Departamental de Galego-Portugués no día 06.07.2018 e pendurado en Moodle). 3. O alumnado con matrícula parcial e/ou dispensa académica deberá realizar e entregar as mesmas probas e exercicios que o restante. Se non puider asistir ás titorías, deberá pórse en contacto co profesor a través do correo electrónico. Tamén deberán pórse en contacto co 4. Na segunda oportunidade, en xullo, será tida en conta a mesma distribución: proba mixta (50), traballo tutelado (30), lecturas (20). Se houber convocatoria adiantada de decembro, os criterios de avaliaciíon serán os mesmos que os de xullo. Aviso importante: Os traballos presentados polo alumnado poderán ser incorporados ao Turnitin, ferramenta para a detección do plaxio e de traballos previamente presentados nesta ou noutras universidades, inclusive pola/o mesma/o estudante. Se se producir algunha destas circunstancias, poderán ser aplicadas as medidas contempladas nas Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e de mestrado universitario da Universidade da Coruña (artigo 14.4). |