Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Estudos de Lingua Inglesa | Código | 613G03039 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Cuarto | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Traballos tutelados | A1 A9 A11 A14 A15 A18 A19 A20 B1 B2 B3 B5 B6 B7 B8 C6 | O alumnado realizará un traballo escrito baixo a supervisión da profesora. Valorarase tanto os coñecementos adquiridos como a orixinalidade dos enfoques e das aportacións e a corrección da expresión escrita. | 30 |
Proba mixta | A1 A2 A3 A6 A9 A10 A11 A15 A18 B6 C2 | Realizaranse dúas probas parciais ao longo do curso OU unha proba final que se fará na data oficial marcada pola Facultade. Será obrigatorio presentarse á proba final se non se superaron as probas parciais durante o curso. | 60 |
Portafolios do alumno | A6 A9 A10 A15 A18 B1 B3 B6 | Incluirá pequeñas tareas sobre los contenidos expuestos en las sesiones magistrales y practicados en los grupos de DI. También podrán estar relacionadas con las lecturas recomendadas. | 10 |
Observacións avaliación | |||
IMPORTANTE Para superar a materia, a suma da proba final, o traballo tutelado e o portafolios deberá ser 5 sobre 10, tendo en conta que a cualificación mínima do traballo tutelado e da proba final deberá ser de 4 puntos sobre 10. Calquera falta de honradez académica (plaxio, copiar en exames, utilización indebida de IA, etc.) penalizarase coa cualificación de 0 (Suspenso) na convocatoria (1ª e 2ª oportunidades), de acordo co establecido no artigo 11, 4b do "Regulamento disciplinar do estudantado da UDC". Para detectar o plaxio poderá usarse a aplicación Turnitin, que recoñece traballos previamente presentados nesta ou noutras universidades, incluso do mesmo estudante. Aplicarase unha penalización do 25% sobre a cualificación final de traballos e actividades se estes son entregados fóra de prazo sen causa xustificada (máximo retraso: 5 días). As actividades extraordinarias ("extra-credit") que o alumnado realice ao longo do cuatrimestre poderán supoñer ata un 5% extra na nota final. Isto inclúe traballos voluntarios, lecturas alternativas, participación voluntaria en foros ou calquera outra actividade voluntaria proposta polo profesorado, ou proposta polo alumnado e aceptada polo profesorado. Os/as alumnos/as que non se presenten o día das probas mixtas de xuño ou xullo acadarán a cualificación de NP, se non entregaron o traballo tutelado ou o portafolios. As datas do traballo tutelado e as probas mixtas parciais ou finais serán anunciadas con moita anticipación. AVALIACIÓN XULLO: Os/as estudantes que non teñan acadado un 4 en cada un dos bloques especificados arriba (aínda que a nota media sexa superior a 5) terán que ir á oportunidade de xullo, na que poderán recuperar as partes suspensas segundo a seguinte distribución de porcentaxes: traballo tutelado (30%), proba mixta (60%) e tarefa presencial relacionada co contido do portafolios (10%). O alumnado que se presente á convocatoria adiantada de DECEMBRO avaliaranse segundo as normas especificadas para a oportunidade de xullo. Alumnado con dispensa: O alumnado matriculado a tempo parcial e que teña concedida unha dispensa académica, tal e como establece a Normativa desta universidade, poderá ser avaliado en calquera das dúas oportunidades seguindo os mesmos criterios da segunda oportunidade de xullo. Se desexan presentar o portafolios, a profesora indicaralles que tarefas poden realizar ao longo do curso. Atención á diversidade: A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis naUDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, co a Unidade de Atención á Diversidade ( https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/ ); no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Filoloxía (no seguinte enderezo electrónico: pat.filoloxia@udc.gal ). |