Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Lingua Galega e Usos | Código | 613G03045 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Cuarto | Optativa | 4.5 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | Presentación, desenvolvemento e análise de contidos teóricos e procedementais fundamentais para o alumnado atinxir as competencias e destrezas previstas na materia. |
Obradoiro | Nestas sesións, o alumnado realizará ACTIVIDADES PRÁCTICAS de diferente tipoloxía (exercicios de completar, corrección de textos, análise e elaboración de textos, lectura e entoación de textos, exposicións, debates etc.) destinadas á consolidación dos contidos presentados nas sesións maxistrais, así como das destrezas e das estratexias relacionadas cos obxectivos e contidos da materia. No inicio do curso haberá ACTIVIDADES INICIAIS a fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións de que parte o alumnado. |
Lecturas | Cada estudante deberá facer ao longo do curso unha serie de lecturas que serán seleccionadas e, eventualmente, fornecidas polo/a profesor/a. |
Traballos tutelados | Trátase dunha tarefa en que o alumno ou alumna ten de mostrar a súa capacidade de aprofundar nun tema de maneira autónoma. |
Proba mixta | Exame práctico escrito en que se demostrarán os coñecementos e competencias adquiridos. |