Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral dos contidos da materia complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Prácticas a través de TIC Realización de actividades de carácter práctico para o desenvolvemento e aplicación dos coñecementos adquiridos na teoría.
Solución de problemas Inclúe sesións onde se expón un problema, se lle dá tempo ao alumnado para trate de solucionalo e se presenta algunha solución fomentando a reflexión sobre a/as solución/s proposta/s.
Ademais fomentarase a aprendizaxe autónoma dos/as estudantes a través da realización, baixo a tutela do/a profesor, dun traballo no que o estudantado proporá un problema (de escenarios variados tanto académicos e profesionais), e lle dará solución.
Proba mixta Exame da materia que combinará preguntas sobre a teoría con problemas a resolver e as prácticas.