Metodoloxías Descrición
Solución de problemas Posta en práctica dos conceptos explicados nas sesións maxistrais.
Sesión maxistral Exporanse en clases teóricas os conceptos que o alumno debe coñecer para empezar unha carreira investigadora ou emprendedora con éxito e desenvolver proxectos colaborativos utilizando as ferramentas dispoñibles.
Proba obxectiva Pequenos controis que se realizarán dentro das clases expositivas do módulo de emprendemento.
Traballos tutelados Os traballos tutelados permiten ao alumno familiarizarse dende un punto de vista práctico coas cuestións expostas nas clases teóricas.