Prácticas de laboratorio |
Sesións prácticas en computador, nas que se deben resolver unha serie de boletíns de exercicios prácticos propostos polo profesor. Os exercicios buscan consolidar os coñecementos presentados nas sesións maxistrais e tamén fomentar a aprendizaxe autónoma do alumnado.
Por cada boletín, o alumnado debe entregar unha memoria detallada indicando os pasos seguidos para resolver os exercicios, achegando evidencias. Valorarase: a calidade da memoria; a corrección do proceso descrito, dos comandos empregados e das opcións probadas; a xustificación dos pasos seguidos e a proposta de solucións alternativas.
Os boletíns de exercicios publicaranse a través da plataforma de formación da Universidade da Coruña. Imporase unha data máxima de defensa para cada boletín, co obxectivo de fomentar o estudo continuo. |
Traballos tutelados |
Proposta de traballos para a súa resolución individual por parte do alumnado. Estes traballos serán opcionais e permitiranlles ao alumnado interesado afondar en aspectos do temario que lles interesen especialmente e que non se puideran tratar co detalle suficiente durante as sesións maxistrais. |