O Traballo de Fin de Máster consistirá nun exercicio orixinal realizado de forma individual, consistente nun proxecto de investigación ou innovación relacionado coa visión por computador. O proxecto poderá realizarse a proposta dunha Empresa, Organismo Público, Universidade, Centro de Investigación ou Centro Tecnolóxico que asinase un convenio de colaboración con algunhas das Universidades participantes no Máster, ou nun Grupo de Investigación da USC, UDC , UVigo ou UPorto.
|
En todos os casos, o TFM será tutelado ou cotutelado por profesores doutores pertencentes a departamentos implicados na docencia, ou doutros profesores doutores das universidades participantes que conten coa autorización da Comisión Académica Interuniversitaria. |