Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Ciberseguridade Intelixente | Código | 614544024 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 1º cuadrimestre |
Segundo | Optativa | 3 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Prácticas de laboratorio | A5 A9 A20 A21 A22 A23 A31 B1 B2 B4 B5 B6 B7 B9 C9 | Avaliación de traballos prácticos (E2) | 40 |
Proba obxectiva | A5 A9 A20 A21 A22 A23 A31 B1 B2 B4 B6 B7 B9 B10 | Exame final (E1) | 20 |
Solución de problemas | A5 A9 A20 A21 A22 A23 A31 B1 B2 B4 B5 B6 B7 B9 C9 | Avaliación de traballos tutelados (E3) | 40 |
Observacións avaliación | |||
Para superar (e liberar) tanto os traballos prácticos coma os traballos tutelados requírese acadar un 40% da puntuación máxima prevista para estes elementos de avaliación. Non hai mínimo esixido para a proba obxectiva. Para superar a materia é preciso acadar os mínimos anteriores (nos traballos prácticos e tutelados) e sumar na nota final ponderada un mínimo de 5 puntos sobre 10. No caso de non obter o mínimo esixido para superar algunha das partes (traballos prácticos e /ou tutelados), o alumnado terá unha segunda oportunidade na que so entregará os elementos non superados. No caso de superar parte dos elementos avaliados, pero non acadar o mínimo preciso para aprobar a materia completa, a cualificación a incluír nas respectivas actas calcularase como o mínimo entre a media ponderada das partes superadas e 4.9. Terá a condición de “Presentado” quen entregue todas as prácticas e traballos obrigatorios ou se presente á proba obxectiva no período oficial de avaliación. As entregas das prácticas e traballos deben realizarse dentro do prazo establecido, e seguirán as especificacións indicadas no enunciado tanto para a presentación como para a defensa. Os profesores facilitarán, na medida do posible e dentro dos horarios establecidos para a materia, a asistencia aos grupos de teoría e prácticas que mellor se axusten ás necesidades dos alumnos que teñen a matrícula a tempo parcial, para os que tamén aplica a forma de avaliación aquí establecida. Os alumnos con dispensa académica de exención de asistencia deberán asistir a todas as probas de avaliación. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de "suspenso" (nota numérica 0) na convocatoria en que se cometa, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. A docencia impartirase en inglés. A docencia expositiva será impartida pola UVigo e retransmitida para todo o alumnado. Haberá un grupo de docencia interactiva específico e presencial en cada universidade (USC-UDC-UVigo). |