Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Cálculo | Código | 614G01003 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Seminario | A1 B3 | Realizaranse 4 probas de avaliación durante os seminarios da materia que supoñerán, cada unha delas, ata o 15% da nota final. En cada unha destas probas, o alumnado deberá resolver un problema práctico da materia, do mesmo tipo que os presentes nos boletíns de problemas, podendo utilizar o seu computador portátil e o software explicado durante as probas de laboratorio. Eventualmente, e previo acordo co profesorado, o alumnado poderá recuperar ata un 20% da nota deste apartado realizando un proxecto vinculado aos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS). |
60 |
Sesión maxistral | A1 B3 | Non se realizarán probas de avaliación durante as sesións maxistrais. | 0 |
Prácticas de laboratorio | A1 B3 | 0 | |
Proba obxectiva | A1 B3 | O exame final, cun valor entre o 40 e o 100% (dependendo da cualificación obtida na parte dos Seminarios) consistirá en realizar unha proba escrita tipo test. | 40 |
Observacións avaliación | |||
O alumnado acabará o período de clases cun máximo dun 60% da cualificación, que obterá a través de catro controles que se realizarán nas sesións de seminarios (cun peso dun 15% cada un). En cada un destes controis, cada estudante resolverá un ou varios problemas prácticos de desenvolvemento utilizando o seu computador portátil e o software Python, explicado nas prácticas de laboratorio. Nota: Se se detectase algunha actividade ilícita na realización dalgún destes controis (exercicios copiados, utilización inadecuada de recursos on-line etc.)/ etc.) todas as persoas involucradas terán unha cualificación de 0 no control en cuestión e, en función da gravidade do feito, o profesorado poderá decidir unha cualificación global de 0 en todo o apartado de "Seminario". Nas datas que estableza a Xunta de Facultade, o alumnado realizará, por escrito, o exame final da materia. A nota obtida no exame final se reescalará de forma que cada estudante teña a oportunidade de recuperar a parte que perdese na avaliación correspondente aos seminarios. Desta maneira, o exame final supoñerá entre un 40 e un 100% da nota final da materia. É necesario obter unha calificación igual ou superior a 2,50 puntos, sobre 10, no exame final para superar a materia. A proba final correspondente á segunda oportunidade (xuño ou xullo de 2023) rexerase polos mesmos principios que a da primeira oportunidade. A avaliación dos Seminarios e as prácticas de laboratorio do alumnado con matrícula a tempo parcial poderase realizar atendendo, na medida do posible, ás súas circunstancias particulares. Polo que respecta á convocatoria extraordinaria de decembro, o proceso de avaliación incluirá: a) unha proba obxectiva que puntuará un máximo de catro puntos, b) un exame para avaliar os coñecementos adquiridos nas prácticas de laboratorio, que puntuará un máximo de seis puntos. |