Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Álxebra Lineal | Código | 614G02001 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Prácticas de laboratorio | A12 A27 A1 A2 B1 B5 B6 | Ó longo do cuadrimestre realizaranse 2 probas de avaliación continua. Estas probas incluen tanto preguntas sobre os contidos teóricos explicados como exercicios prácticos. Valorarase a presentación clara e razoada das respostas. Será posible avaliar unha actitude participativa dos alumnos na resolución das cuestións formuladas durante as prácticas e nas titorías en pequenos grupos. A nota obtida neste apartado (P) será a mesma nas dúas oportunidades do anuncio do curso académico. |
30 |
Proba obxectiva | A1 A2 B9 | Ó longo do cuadrimestre farase unha proba mediante a plataforma Moodle. Esta proba consta de preguntas curtas de tipo teórico e prácticas. Abordará os contidos e resultados do temario vistos hata ese intre na asignatura. O resultado desta proba (M) contribuirá nun 20% na nota final. Nas datas establecidas pola Xunta de Facultade na sua programación anual, o alumno fará unha proba escrita (E) ó final do cuadrimestre. Esta proba inclúe: - Preguntas que permiten valorar se o alumno comprendeu os conceptos teóricos básicos. - Exercicios con diferentes graos de dificultade na liña dos exercicios realizados na clase e dos presentados nos boletíns. Valoraranse o dominio dos conceptos teóricos da materia, a súa comprensión e a súa aplicación na resolución de exercicios. Así mesmo, avaliarase a claridade e a orde na presentación dos resultados expostos. Para que o alumno poida aproba-la asignatura, o resultado desta proba (E) debe ser maior de 4 puntos sobre 10. O resultado desta proba (E) contribúe nun 50% á nota final da asignatura. |
70 |
Observacións avaliación | |||
A calificación das prácticas de laboratorio (P) non se poderá recuperar e será a mesma nas duas oportunidades. Sen embargo, a nota obtida na proba ó final do cuatrimestre (E) reescalarase da forma que un estudiante teña a oportunidade de recuperar o 20% desta proba de Moodle (M). Así, a calificación final (F) de cada estudante calcularase da forma seguinte:
Que un estudante se presente á proba final E, supón que éste completou o proceso de avaliación; isto é, un estudante que non se presente á proba E aparecerá como non presentado como nota final F. Para o estudante que se presente á segunda oportunidade, o cálculo de Total farase da mesma maneira que na primeira oportunidade pero sustituíndo o valor de E polo que obteña na nova proba escrita, proba que terá lugar na data oficial determinada pola Xunta de Facultade. Nas dúas oportunidades, para supera-la materia, o valor da nota F terá que ser maior o igual que 5. Avaliación do alumnado matriculado a tempo parcial: Dependendo das particularidades de cada caso concreto e previo acordo coprofesorado encargado do grupo ao que estea asignado un estudante matriculado a tempo parcial, axustaranse as probas da avaliación continua para que o devandito estudante poida obter a mesma cualificación que un estudante de matrícula ordinaria. Avaliación do alumnado matriculado con necesidades dalgunha adaptación curricular: Dependendo das particularidades de cada caso, axustaranse as probas de avaliación para que o devandito estudante poida realiza-las mesmas probas que os seus compañeiros. |