Proba obxectiva |
A4 B2 B3 |
Ao final do cuadrimestre realizarase un exame escrito sobre os contidos da materia. Con este exame avaliaranse as competencias A4, B2 e B3 |
70 |
- Na primeira oportunidade para poder aprobar a materia será necesario realizar o exame final e ter unha nota total (prácticas máis exame) igual ou superior ao 50% da nota máxima.
- Na segunda oportunidade a nota do exame será o 100% do total, isto é, avaliarase todo o temario incluido o 30% de prácticas. Para aprobar a materia a nota final (exame máis prácticas) deberá ser igual ou superior ao 50% da nota máxima.
- Para os alumnos que se presenten á oportunidade adiantada de decembro a nota do exame será o 100% do total, isto é, avaliarase todo o temario incluido o 30% de prácticas.
- As/os estudantes con matrícula a tempo parcial poderán escoller o grupo de prácticas que mellor se axuste aos seus horarios, permitíndolles mobilidade de grupo ao longo do curso. As/os que teñan concedida a dispensa académica que lles exima da asistencia a clase só terán que realizar as probas de prácticas correspondentes á avaliación continua.
- Cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.
|