Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Pobreza e desigualdade: debates, medicións e identificación de grupos en risco de exclusión | Código | 615525005d | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Obradoiro | Realizánse obradoiros ou conferencias de participantes invitados/as, con persoas directamente relacionadas con proxectos ou experenzas que aporten coñecemento empírico sobre o contido da asignatura. Estes oobradoiros poderán seguirse online. |
Sesión maxistral | Traballaranse activamente os temas do programa, integrando a exposición docente cos debates dirixidos e outras actividades prácticas. A orde das sesións poderá sufrir algúns cambios en función da asistencia de conferenciantes invitados/as para tratar estudos de casos ou experiencias concretas. O alumnado online terá a súa disposición medios para seguir os contidos destas sesións sin que sexa preciso a asistencia presencial. |
Lecturas | Recomendarase a lectura de textos académicos ou de actualidade, relacionados co contido da asignatura para que os estudantes os analicen, interpreten e os comprendan en base aos coñecementos e ás ferramentas da análise económica e social, que se estudian na materia. |
Prácticas a través de TIC | O alumnado tratará de aplicar o uso das TIC para aprender de forma efectiva, a través de actividades de carácter práctico, baseadas en documentación escrita, audiovisual e de calquera índole, relacionada coa materia, mediante a utilización das tecnoloxías da información e as comunicacións. Trátase de ampliar coñecementos e obter información para facilitar a aprendizaxe autónoma e o razoamento crítico. A plataforma Moodle será un vehículo importante para a aplicación desta metodoloxía. |
Aprendizaxe colaborativa | Metodoloxía de ensinanza-aprendizaxe que permite a división da clase en grupos pequenos fomentando o traballo en conxunto para a resolución de tarefas académicas de forma non competitiva. A persoa docente guiará o proceso de resolución de tarefas ben de forma presencial ben apoiándose nas TIC. |
Traballos tutelados | Estudo autónomo e en profundidade dalgún dos problemas socioeconómicos detectados, a partir dun traballo de investigación e a consecuente fundamentación en fontes bibliográficas, baixo a tutela da persoa docente. |
Proba obxectiva | Trátase dunha proba para a avaliación da aprendizaxe, pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén pode construirse con un só tipo dalgunha destas preguntas. Poderá incluir tanto preguntas de carácter teórico como práctico ou problemas. Realizarase durante o transcurso do curso. Forma parte da avaliación continua. Poderase realizar online a través de la plataforma Moodle. |