Segunda oportunidade
Aqueles estudantes que suspendesen ou non presentasen as prácticas requiridas para aprobar a materia terán que volver repetilas e entregalas nas datas que establezan as profesoras para iso dentro do período de avaliación da segunda oportunidade.
A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso (nota numérica 0) na convocatoria correspondente da materia, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación para convocatoria extraordinaria. Para isto, procederase a modificar a cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.