Nesta materia abordaranse algunhas das grandes transformacións que definen a idade contemporánea. O programa organízase en cinco temas: 1.- Un mundo rural en crise permanente. 2.- Da revolución industrial a globalización. 3.- Unha historia urbana. 4.- Orde e control social. 5.- O sistema mundial: do colonialismo ao neoliberalismo. En cada un destes temas estudaranse os procesos implicados durante a idade contemporánea. A utilidade desta aproximación é dobre. Primeiro, que os alumnos incorporen unha dimensión diacrónica, que lles faculte para estudar a sociedade actual como produto histórico, e valorar as continuidades e as novidades por referencia ao pasado. Segundo, analizar o contexto histórico no que se desenvolveu a teoría social, paso previo para contextualizar algunhas das súas limitacións.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías