Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Socioloxía do consumo e investigación de mercados | Código | 615G01309 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Traballos tutelados | A15 A16 A24 A26 B1 B2 B3 B5 B6 B12 B18 C1 C8 | Traballo grupal de carácter práctico relacionado coa materia. | 50 |
Proba obxectiva | A8 A24 A35 B1 B3 B5 B6 B13 B27 C1 | Exame correspondente ás convocatorias oficiais coa totalidade do temario. |
40 |
Presentación oral | A24 B3 B6 B12 B18 C1 | A presentación oral do traballo tutelado | 10 |
Observacións avaliación | |||
Todas as actividades, tarefas e traballos a realizar ao longo do cuadrimestre contabilizan para a nota final. As prácticas do obradoiro e o traballo tutelado realizaranse ao longo do cuadrimestre e a proba obxectiva (exame) na data oficial de primeira convocatoria. Tanto as prácticas como o traballo de investigación tutelado serán entregados nas datas marcadas polos/as profesores/as, non se corrixirá ningunha práctica fóra de prazo. O traballo tutelado só corrixirase unha vez tras a data de entrega (non haberá segunda corrección), o/a alumno/a xa conta coa guia e titorización dos/as profesores/as durante as sesións prácticas. Para aprobar a materia é necesario aprobar tanto os traballos tutelados e prácticas (60%) como o exame (40%). A nota mínima para superar cada unha das partes é un 5 (aprobado) Gardarase a nota da parte superada para a segunda oportunidade. Os materiais utilizados nas sesións: presentacións, audiovisuais, lecturas e prácticas tamén serán postos a disposición do/a alumno/a en formato dixital a través da plataforma Moodle. Os traballos e prácticas entregaranse en formato dixital a través da plataforma Moodle, sen necesidade de imprimilos. Tanto nos contidos como no sistema de avaliación atenderanse ás recomendacións de axustes razoables propostas pola Unidade de Atención á Diversidade (ADI) no caso do alumnado con diversidade funcional ou NEAE, proporcionadas pola Coordinación do PAT do centro. Aqueles/as alumnos/as con dispensa ou recoñecemento de dedicación a tempo parcial deberán contactar coa profesora responsable da materia ao comezo de curso. Poderase manter o sistema de avaliación continua, con pequenos cambios: o Traballo tutelado será de carácter individual e non precisará de exposición na aula; e as actividades ou prácticas a realizar polo alumnado na aula, serán substituídas por outras ou adaptadas para a súa realización de maneira non presencial. |