Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Socioloxía da comunicación e da opinión pública | Código | 615G01310 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Proba obxectiva | Realizarase unha proba obxectiva para valorar a correcta comprensión e aplicación dos contidos teóricos da materia. |
Sesión maxistral | A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso casi exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia. A sesión se complementará co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. Motivarase e valorarase a participación dos/as alumnos/as, mediante preguntas ou/e debates |
Traballos tutelados | Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente á aprendizaxe do “como facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe. Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe pola profesora-titora. Realización dun traballo en grupo de carácter empírico que consistirá na análise de contido cuantitativo e cualitativo nos medios de comunicación dixitais, sobre un tema de actualidade. As instrucións para a súa realización estarán a disposición dos e das estudantes na aula virtual da materia. |
Obradoiro | Realización de actividades prácticas individuais nas que se combinan diferentes probas: lecturas, debates, análises de fontes secundarias, resolución de problemas, roll play, exposicións orais trátase de prácticas sobre un tema específico, realizadas co apoio e supervisión das profesoras da materia. |