Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Informática para a creación de web e vídeo | Código | 616G01017 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Traballos tutelados | A1 A2 A3 A4 B3 B4 B6 B8 B9 C2 C4 | Creación dunha web de forma individual ou grupal (en función do número de integrantes requerirase que a páxina sexa máis profunda, para que todos os participantes realicen tarefas de deseño e programación de forma equitativa). | 30 |
Prácticas de laboratorio | A2 A7 A8 B8 C2 C3 | Practicas individuais onde os alumnos exercita os coñecementos aprendidos durante a asignatura. | 20 |
Proba obxectiva | A7 A8 B3 B4 B8 B9 | Proba relacionada cos coñecementos teóricos da materia. | 50 |
Observacións avaliación | |||
É As faltas de ortografía e gramática teranse en conta na calificación. Un traballo con faltas de ortografía non se considerará aceptable e se calificará cun suspenso. Realizarase unha presentación oral final do traballo tutelado. Todos os alumnos que se presenten a dita convocatoria deberán asistir á duración completa, chegando antes do comezo da mesma e asistindo a todas as presentaciones de dita convocatoria. A mala presentación dos traballos e prácticas (documentos mal estruturados, índices erróneos, fontes de texto de tamaño aleatorio, textos cortados, imaxes pouco lexibles, mala redacción, carencia de maquetación, diferencia no formato das páxinas, nomes de arquivos que inclúan espazos ou caracteres especiais, etc.) afectará negativamente á calificación dos mesmos ata o punto de poder ser calificados cun suspenso. Tan só se gardarán as notas das distintas partes se son superiores a 5 (un máximo dun ano sempre e cando a materia non se actualice e as actividades a realizar sexan distintas; caso no que non se gardarán as actividades nas que houbera modificación das condicións). Na segunda oportunidade a parte de prácticas de laboratorio corresponderá a unha nova pequena práctica resumo do curso que compute o 30% correspondente. PLAXIO: A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario. ESTUDANTES CON MATRÍCULA A TEMPO PARCIAL: Deberán poñerse en contacto co profesorado da materia para posibilitar a realización das tarefas fóra da organización habitual da materia. |