Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Deseño Sonoro | Código | 616G02008 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Prácticas de laboratorio | Desenvolvemento de diferentes actividades de carácter práctico cuxo obxecto é pór en xogo todos aqueles coñecementos que, sobre a ambientación sonora e musical, foron tratados durante as clases expositivas. A entrega de ditas prácticas efectuarase no tempo e na forma fixados pola docente. |
Proba de resposta múltiple | Esta proba teórica versará sobre os contidos do teóricos da materia. |
Aprendizaxe colaborativa | Creación dunha sonomontaxe ou dun relato sonoro (Traballo A) Deseño sonoro íntegro, en grupo, dun proxecto audiovisual (Proxecto Final) (Presencial e traballo autónomo do alumnado) |
Presentación oral | Presentación oral do "Proxecto final" (creación de deseño sonoro). Nesta presentación, cada grupo deberá explicar o seu deseño sonoro, especialmente no que respecta ás decisións estéticas, e responder as preguntas dos/os compañeiros/as. Cada un dos proxectos finais será valorado polos/as estudantes a partir dunha rúbrica de avaliación proposta pola docente. |
Sesión maxistral | Clase expositiva ilustrada con exemplos de carácter sonoro e/ou audiovisual. Complementarase con materiais e contidos audiovisuais, en formato pílula, que se porán a disposición do estudantado a través do campus virtual. Nas sesións maxistrais realizaranse actividades dirixidas a facilitar a comprensión da materia así como discusións dirixidas, que esixan ao estudantado amosar a adquisición de conceptos e coñecementos sobre a materia. |