Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba oral B2 B4 C1 Defensa dos proxectos segundo as indicacións da docente. 20
Proba mixta A2 C4 Proba mixta con preguntas tipo test e preguntas de desenvolvemento. 40
Traballos tutelados A2 A22 B2 B3 B4 B5 B10 B12 B13 C1 C3 C5 C6 C7 C9 O desenvolvemento de traballos tutelados onde o alumno deberá resolver unha proposta práctica a partir do proxecto proposto pola docente. 40
 
Observacións avaliación

A teoría supón o 40% da nota e a práctica
o 60% (40% trabajos y 20% defensa oral).

Para superar a materia deberán estar
aprobadas as dúas partes: teoría e práctica. Para superar a práctica, o
alumnado deberá superar todas as prácticas.

A forma de valoración na convocatoria extraordinaria realizarase da mesma forma que a convocatoria de ordinaria.

Os alumnos deberán entregar os traballos prácticos segundo os criterios estipulados polo docente

A modalidade de avaliación na convocatoria
extraordinaria realizarase do mesmo xeito que na convocatoria ordinaria, salvo
que por adaptación académica se acorde realizar outras actividades co profesor.

Acción contra o plaxio. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

O alumnado con exención académica deberá
poñerse en contacto co profesor ao comezo do curso, vía Moodle ou correo
electrónico, para acordar un itinerario personalizado para compensar as faltas
de asistencia ás clases maxistrais e as horas de traballo na aula.

As faltas de ortografías penalizan a nota final.