A avaliación da materia consistirá
nun exame práctico (20% da nota final), un exame teórico (10%), un traballo
final (30%) e os exercicios prácticos (40%) realizados ao longo da materia.
Os resultados de aprendizase, as
datas de entrega e os criterios de avaliación que se desenvolverán en cada
proba notificaranse previamente en clase e publicaranse no Campus Virtual ao
longo do cuadrimestre.
O alumnado que se atope en
modalidades específicas de aprendizaxe e apoio á diversidade terá a obrigación
de realizar todas as probas e entregalas nas datas sinaladas. As sesións
expositivas, os talleres, as probas avaliables e o traballo final foron
deseñados para abarcar o maior grao de inclusión posible. Se fose necesario e
sempre baixo petición previa do alumnado; realizaranse as adaptacións
necesarias para non prexudicar a cualificación do alumnado.
As sesións expositivas, os talleres,
as probas avaliables e o traballo final foron deseñados para garantir o
aprendizaxe autonómo non presencial; por tanto o alumnado que se atope en
situación de dispensa académica terá a obrigación de realizar todas as probas e
entregalas durante os períodos de tempo sinalados.
Os criterios de evaluación para a
segunda oportunidade serán los mismos.
A realización fraudulenta das probas
ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a
cualificación de suspenso "0" na materia na convocatoria
correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as
actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria.
No caso de falta disciplinaria, o/a estudante será
cualificado/a con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente
do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira
oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa
cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario