Materias que se recomenda ter cursado previamente
Linguaxe e Narrativa Gráficas e Audiovisuais/616G02002
Guión/616G02004
Deseño de Produción para Animación e Videoxogos/616G02006

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Deseño de Niveis e Xogabilidade/616G02037
Deseño Sonoro/616G02008

Materias que continúan o temario

Observacións

1. A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:

  • Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático.
  • A entrega realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos.
  • De se realizar en papel:
    • Non se empregarán plásticos.
    • Realizaranse impresións a dobre cara.
    • Empregarase papel reciclado.
    • Evitarase a impresión de borradores.

2. Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.

3. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

4. Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores de ambos os sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas…).

5. Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

6. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.

7. Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.