Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Empresa e Emprendemento | Código | 616G02046 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Cuarto | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Proba mixta | B5 C9 | 50% da nota final | 50 |
Estudo de casos | A1 A32 A33 B2 B3 B4 B6 B12 B13 B14 C1 C3 C4 C5 C6 C7 | 50% da nota final | 50 |
Observacións avaliación | |||
Os criterios de avaliación descritos servirán para a primeira oportunidade. A participación nos casos prácticos (avaliación continua) nunha porcentaxe inferior ao 20% implica unha avaliación de non presentado, independentemente da puntuación acadada. Na segunda oportunidade farase un exame sobre un caso práctico. A nota final do alumnado que superase a avaliación continua será a media desa nota e a do exame. Para os que non superaron a avaliación continua, a nota do exame teórico-práctico será o 100% da nota. Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e con renuncia académica á exención de asistencia, os criterios de avaliación serán os mesmos, salvo o requisito mínimo de asistencia. Na convocatoria anticipada de decembro, os criterios de avaliación serán os mesmos que na segunda oportunidade. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario. Queda expresamente prohibido o acceso durante as probas presenciais a teléfonos móbiles e calquera outro dispositivo de comunicación e/ou almacenamento de información a distancia. O incumprimento desta norma supón un cero na avaliación final. O alumno deberá acreditar a súa identidade de acordo coa normativa vixente. O alumno deberá acreditar a súa personalidade de acordo coa normativa vixente. Para calquera outra cuestión non expresamente detallada nesta guía, remitirase ao disposto na normativa vixente aplicable a cada caso que se presente. |