Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Deseñar, desenvolver e avaliar os procesos de ensino – aprendizaxe relativos á actividade física e do deporte con atención ás características individuais e contextuais das persoas. |
A2 |
Promover e avaliar a formación de hábitos perdurables e autónomos de práctica da actividade física e do deporte entre a poboación escolar. |
A3 |
Planificar, desenvolver e controlar o proceso de adestramento nos seus distintos niveis. |
A4 |
Aplicar os principios fisiolóxicos, biomecánicos, comportamentais e sociais, durante a dirección do adestramento deportivo. |
A5 |
Avaliar a condición física e prescribir exercicios físicos orientados cara a saúde. |
A6 |
Promover e avaliar a formación de hábitos perdurables e autónomos de práctica da actividade física e do deporte, entre a poboación adulta, maiores e discapacitados. |
A7 |
Identificar os riscos que se derivan para a saúde, da práctica de actividades físicas inadecuadas, entre a poboación que realiza práctica física orientada á saúde. |
A8 |
Planificar, desenvolver e avaliar a realización de actividades físico-deportivas recreativas. |
A9 |
Elaborar programas para a dirección de organizacións, entidades e instalacións deportivas. |
A10 |
Seleccionar e saber utilizar o material e equipamento deportivo, adecuado para cada tipo de actividade físico- deportiva recreativa. |
A11 |
Promover e avaliar a formación de hábitos perdurables e autónomos de práctica actividade física e do deporte, entre a poboación que realiza adestramento deportivo. |
A12 |
Aplicar os principios fisiolóxicos, biomecánicos, comportamentais e sociais, na proposta de tarefas a ensinar no contexto educativo. |
A13 |
Identificar os riscos que se derivan para a saúde dos escolares, da práctica de actividades físicas inadecuadas. |
A14 |
Planificar, desenvolver e avaliar a realización de programas de deporte escolar. |
A15 |
Seleccionar e saber utilizar o material e equipamento deportivo, adecuado para cada tipo de actividade na educación física. |
B1 |
Aprender a aprender. |
B2 |
Resolver problemas de forma efectiva. |
B3 |
Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo. |
B4 |
Traballar de forma autónoma con iniciativa. |
B5 |
Traballar de forma colaboradora. |
B6 |
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional. |
B7 |
Comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo. |
B8 |
Habilidade na xestión da información. |
B9 |
Desenvolver hábitos de excelencia e calidade no exercicio profesional. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C2 |
Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C5 |
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |