Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
Descriptores
Ciclo
Período
Curso
Tipo
Créditos
Grao
2º cuadrimestre
Segundo
Formación básica
6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente
Presencial
Prerrequisitos
Departamento
Educación Física e Deportiva
Coordinación
Giraldez Garcia, Manuel Avelino
Correo electrónico
manuel.avelino.giraldez.garcia@udc.es
Profesorado
Carballeira Fernández, Eduardo
Giraldez Garcia, Manuel Avelino
Padrón Cabo, Alexis
Correo electrónico
eduardo.carballeira@udc.es
manuel.avelino.giraldez.garcia@udc.es
a.cabo@udc.es
Web
Descrición xeral
A Fisioloxía do Exercicio I é unha materia cuadrimestral, de 6 créditos ECTS, que pertence ao Módulo 2, Materias básicas da rama de Ciencias da Saúde (formación básica). Como o seu propio nome indica, encárgase de estudar o comportamento dos diferentes aparatos e sistemas durante o exercicio, entendéndoo no seu sentido máis amplo, desde a actividade física máis espontánea e informal ata os máis elevados niveis de adestramento e competición deportivos. Coñecer como responde o corpo humano e como é capaz de adaptarse constitúe a base para a avaliación da condición física e para axustar os parámetros do adestramento aos obxectivos desexados.
A fisioloxía do exercicio impártese no segundo e no terceiro cursos do Grao dividida en dúas materias, Fisioloxía do Exercicio I e Fisioloxía do Exercicio II. Na que nos ocupa agora, a Fisioloxía do Exercicio I, estudamos a anatomía e a fisioloxía dos diferentes aparellos e sistemas e cales son as súas respostas (cambios agudos) fronte ao exercicio e as adaptacións (cambios crónicos) tras o adestramento e como se poden medir e avaliar. Na Fisioloxía do Exercicio II faise un enfoque máis aplicado e integral; abórdanse cuestións relacionadas coa condición física, desde os fundamentos fisiolóxicos ata as probas de avaliación e as situacións ambientais especiais, os aspectos relacionados coa idade e o xénero e outros como a fatiga e as axudas ergoxénicas e o doping.
Os contidos da Fisioloxía do Exercicio I están divididos en 4 módulos:
Módulo 1 INTRODUCIÓN: aproximación conceptual e histórica á fisioloxía do exercicio e xeneralidades sobre as respostas e as adaptacións ao exercicio.
Módulo 2 FUNCIÓN NEUROMUSCULAR E EXERCICIO: estudo da estrutura e función do sistema nervioso e do músculo esquelético, respostas e adaptacións neuromusculares ao exercicio e ao adestramento e como medilas e avalialas; respecto ao SN, nesta materia veranse os contidos sobre anatomía e estrutura necesarios para comprender a fisioloxía, que se aborda con maior profundidade na materia de "Aprendizaxe e Control Motor".
Módulo 3 METABOLISMO e BIOENERGÉTICA: estudo do metabolismo e os sistemas de transferencia de enerxía en repouso e durante o exercicio, a súa regulación neuroendócrina, as respostas e adaptacións ao exercicio e ao adestramento, os cálculos enerxéticos e a identificación dos roteiros enerxéticos usados nos diferentes tipos de exercicio.
Módulo 4, FUNCIÓN CARDIORRESPIRATORIA E EXERCICIO: estudo da anatomía e a fisioloxía do sistema cardiovascular e do aparello respiratorio, así como as súas respostas e adaptacións ao exercicio e ao adestramento e como medilas e avalialas.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías