Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Actividade física saudable e calidade de vida II | Código | 620G01036 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Cuarto | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | Exposición dos contidos da materia con soporte audiovisual. Nas sesións intentarase trasladar ao alumnado o significado e a aplicabilidade das aprendizaxes e promover a súa participación activa. |
Prácticas de laboratorio | Consistirá no desenvolvemento de actividades de tipo práctico (demostracións, exercicios, avaliacións...) desenvolvidos no contexto do laboratorio ou da sala de exercicio. |
Proba mixta | Constitúe unha das ferramentas de avaliación. Conterá cuestións tanto conceptuais como de aplicación dos contidos e das actividades desenvolvidas ao longo da materia. |
Simulación | Consistirá no deseño e execución de procesos de intervención, levados a cabo cos compañeiros/as de clase co fin de simular o exercicio profesional no ámbito da prescripción de exercicio físico para a mellora da saude e da calidade de vida. |
Traballos tutelados | Forman parte da avaliación e serán realizados en grupos de entre 2 e 4 alumnos/as. Terán que facer referencia a algún aspecto específico do temario da materia e consistirá nunha tarefa de revisión e análise da bibliografía. Deberán analizarse un mínimo de 5 traballos publicados en revistas incluídas en JCR. Na primeira metade do cuadrimestre, asignarase un titor (profesor da materia) a cada un dos grupos. |
Obradoiro | Trataranse contidos da materia dunha forma eminentemente práctica e prestarase especial atención a que o alumnado desenvolva competencias para o manexo de tecnoloxías de aplicación no ámbito do exercicio físico orientado á saúde. |
Presentación oral | Exposición do traballo tutelado ao titor. |
Actividades iniciais | Consiste na presentación dos contidos, das actividades a desenvolver e na explicación de aspectos relacionados coa dinámica da materia. |
Solución de problemas | Realización de traballos que implican a resolución dalgunha cuestión exposta ao longo das actividades presenciais (lección maxistral, obradoiros etc.) |