Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Dirección e xestión deportiva | Código | 620G01038 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Cuarto | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Actividades iniciais | Actividades que se levan a cabo antes de iniciar calquera proceso de ensino-aprendizaxe a fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para o logro dos obxectivos que se queren alcanzar, vinculados a un programa formativo. Con ela preténdese obter información relevante que permita articular a docencia para favorecer aprendizaxes eficaces e significativos, que partan dos saberes previos do alumnado. |
Sesión maxistral | PARTICIPACIÓN ACTIVA: Sesións presenciais en aula ou telemáticas sobre teoría da dirección e xestión aplicada aos servizos de educación física e deportiva. Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia. |
Traballos tutelados | TRABALLO TUTELADO: Elaboración e presentación grupal de temáticas de dirección e xestión deportiva seguindo as pautas do profesor da materia expostas en clase e na documentación do Campus Virtual UDC |
Proba mixta | EXAMEN OFICIAL: A proba mixta final dispón de dúas partes: una proba obxectiva multiítem sobre os coñecementos da materia(SABER) e una proba obxectiva multiítem sobre os contidos teórico-prácticos (SABER FACER) Aplicarase un factor corrector do azar. Os contidos da proba incluirán apuntes de clase e a documentación complementaria da materia. |
Estudo de casos | PRÁCTICAS DE AULA: Metodoloxía onde o suxeito se enfronta ante a descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumno sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo. |
Portafolios do alumno | INFORME DE MÉRITOS: É unha carpeta ou arquivador ordenado por seccións, debidamente identificadas ou etiquetadas, que contén os rexistros ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumno nun período de tempo. O portafolios ou carpeta inclúe todo o que fai o alumno, como: apuntes ou notas de clases, traballos de investigación, guías de traballo e o seu desenvolvemento, comentarios de notas, resumes, probas escritas, autoavaliacións, tarefas desenvolvidas, comentarios de progreso do alumno realizado polo profesor, etc. |