Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Xeometría Descritiva | Código | 630G02003 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Actividades iniciais | Actividades que se levan a cabo antes de iniciar o proceso de ensino-aprendizaxe a fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para o logro dos obxectivos que se queren alcanzar. |
Sesión maxistral | Na que se expoñen as bases do coñecemento da materia que se especifican nos contidos. Nestas clases o alumnado ten unha aptitude receptiva seguindo as explicacións co soporte de debuxos na lousa, proxeccións en pantalla e sistemas informáticos (TICs). Tomará apuntamentos e formulará preguntas sobre os temas expostos. Ten por obxecto desenvolver os temas, proporcionando tanto os conceptos coma as ferramentas necesarias para a súa comprensión dende unha perspectiva na que a arquitectura se encontra sempre presente. |
Obradoiro | É aquí onde o alumnado participa activamente no proceso de aprendizaxe, enfrontándose á necesidade de valorar, responder e experimentar todos os coñecementos expostos nas sesiónes maxistrais, ás que deben adecuarse. Formúlanse dous tipos de exercicios: 1.- Prácticas de debuxo sobre taboleiro cunha dedicación dunha sesión por práctica. 2.- Prácticas especiais como control do proceso de aprendizaxe. Estas prácticas poderán constar de contidos teóricos. Elíxense para o desenvolvemento destas prácticas gráficas, modelos arquitectónicos de prestigiosos arquitectos/arquitectas ou elementos que se consideren axeitados, cuxos procesos de formalización sexan claros e definibles, co obxecto de que o alumnado vaia formando unha cultura arquitectónica. Todos os exercicios son obligatorios e entregados na mesma sesión do obradoriro. |
Proba práctica | Realizarase unha proba final en xaneiro (xullo 2ª oportunidade) para todos aqueles alumnos que malia seguir o curso non alcanzasen a cualificación de aprobado, superando a materia por curso. Constará de duas partes que se corresponderán cos contidos das dúas prácticas especiais realizadas no cuatrimestre. |
Aprendizaxe colaborativa | Formularanse traballos individuáis ou en grupo, que se deberán desenvolver a man alzada e en CAD. As horas presenciais correspondentes a esta metodoloxía dedicaranse á formulación do traballo, a unha serie de clases teóricas, e ao seguimento colectivo e/ou personalizado de dito/s traballo/s proposto/s. Esta metodoloxía refirese prioritariamente á aprendizaxe do "como facer as cousas" para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor |