Metodoloxías
Obradoiro
Solución de problemas
Descrición
Unha metodoloxía orientada cara á aprendizaxe require a consideración das singularidades que distancian a uns alumnos doutros dentro dun mesmo grupo, en termos de formación previa, posibles carencias, actitudes e aptitudes, expectativas e motivacións. Por iso enténdese necesaria unha dedicación adicional estruturada basicamente mediante tutorías presenciais ou virtuais, cuxo froito depende en gran medida do nivel de implicación do discente. Con obxecto de facilitar o seguimento da súa evolución ao longo do curso, ao principio do mesmo debe cumprimentar correctamente a correspondente ficha de alumno.
Así mesmo, e dado o carácter progresivo da materia, é aconsellable liquidar todas as posibles dúbidas a medida en que van xurdindo, o máis axiña posible e facendo uso das correspondentes tutorías.
Esta cuestión intensifícase, se cabe, no desenvolvemento dos proxectos propostos a nivel de taller, cuxa metodoloxía só adquire sentido se se produce un contacto regular e xornal co profesorado a fin de optimizar e no seu caso reconducir as actividades en curso.
As probas propostas poderán ser revisadas tras a súa cualificación, dentro dos prazos establecidos, a efectos de constatar os erros cometidos e servir en consecuencia a unha mellor función formativa dos procesos de avaliación continua.