Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Arquitectura Legal | Código | 630G02046 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Quinto | Obrigatoria | 4.5 | ||||||||||
|
Temas | Subtemas |
1. Deontología, Responsabilidade Civil e Exercicio da profesión | A intervención no sector da edificación: fundamentos da súa regulación legal, competencias e atribucións. Axentes intervinientes: funcións e relacións entre eles. Actuación profesional do arquitecto. Profesión regulada e outros servizos. Modalidades de exercicio profesional. Responsabilidades civís e penais dos arquitectos no exercicio da profesión. Deslindes de responsabilidades e responsabilidades solidarias. Seguros de responsabilidade civil. Relacións con outros arquitectos. Colexio e asociacións profesionais. Normas deontolóxicas de actuación profesional. Proxectos arquitectónicos, básicos, de execución e básicos e de execución. Contido regulado por CTE. Alcance e validez para trámites administrativos. A dirección de obra. Alcance e finalidade.Documentación do proceso. O libro de ordes. Certificacións e liquidacións de obras; excesos de medición; proxectos reformados e complementarios. |
2. A administración, procedementos, xestión e tramitación. | Actuación da administración. Procedementos administrativos. Recursos en vía administrativa e en vía contencioso-administrativa. Réxime de funcionamento dos órganos colexiados. Lexislación e normativa da edificación: Civil, Urbanística, Técnica. Ámbitos estatal, autonómico e local. Contratación Pública. Participación en concursos. Participación na xestión de licenzas de obras e autorizacións administrativas; interlocución cos técnicos da administración. O proxecto arquitectónico como documento público, responsabilidades por falsidade. |
3. Organización da oficina profesional | Os arquitectos como profesionais liberais e como empresarios. Requisitos e obrigacións legais para alta e mantemento da actividade profesional. Honorarios profesionais. Ofertas de servizos. Captación de encargos profesionais. Réximes fiscais e de seguridade social dos arquitectos e dos traballadores contratados. IVE, IRPF e Imposto de Sociedades. Contabilidade profesional. Facturación. Criterios de deveño e de caixa. Control de custos directos. Gastos deducibles e criterios fiscais. Cálculo de Amortizacións de bens mobles e inmobles #afecto á actividade. |
4. Informes, Peritaxe. Medicións e valoración. | Medicións, Orzamentos e Valoracións. Conceptos: Prezos unitarios, auxiliares e descompostos; organización dos orzamentos: unidades de obra e capítulos, criterios de medición; cálculo de Orzamentos de Execución Material e de Contrata. O orzamento de proxecto como base tributaria do ICIO. Programas informáticos para redacción de medicións e orzamentos. Bases de prezos da construción. Estimacións de custos dunha obra e avaliación previa de orzamentos de proxectos. Informes, peritaciones e ditames. Tipos segundo finalidade. A función pericial forense. Regulación legal e requisitos formais. Práctica das probas periciais en procedementos civís. |
5. Dirección e xestión inmobiliarias | Valoracións e tasacións. Tipos segundo finalidade. Valoracións inmobiliarias a efectos administrativos, fiscais e hipotecarios. Tasacións periciais contraditorias. Conceptos básicos: valor en venda, valor de repercusión, valor da construción; gastos, impostos, beneficios. Métodos de valoración: aplicabilidad e fundamentos. Estudos de viabilidade de promocións inmobiliarias. Aspectos a considerar: urbanísticos, civís, de obra, financeiros, do mercado inmobiliario. Responsabilidades. |
6. Documentos de Seguridade e Hixiene en obra. | A seguridade na edificación. Fundamentos legais A prevención no proxecto. Avaliación de riscos. Identificación de actividades de maior risco. Planificación da prevención. Estudos e estudos básicos de seguridade e saúde. Contido e alcance. O orzamento de S e S. Os plans de seguridade e saúde de empresas contratistas. A coordinación de seguridade e saúde en obra. Atribucións, funcións e responsabilidades. Documentación a cumprimentar. |