Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Arquitectura Legal | Código | 630G02046 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Quinto | Obrigatoria | 4.5 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Obradoiro | A17 A27 A28 A29 A30 A33 A63 B1 B2 B3 B4 B5 B9 B11 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 | A asistencia a clases interactivas ou sesións de prácticas estará sometida a iguais condicións que as establecidas nesta mesma Guía Docente para as sesións maxistrais. A entrega de todas as prácticas expostas no curso será requisito obrigatorio para ter a consideración de presentado a calquera das dúas oportunidades do curso. Cada unha das prácticas terá un % de participación dentro do 40% da nota global atribuído ao conxunto das prácticas que se indicará no enunciado da súa formulación. Para aplicar á nota global do curso a porcentaxe de participación correspondente a cada práctica requirirase que a súa nota sexa maior que o 40% da nota máxima; en caso contrario, non se computará puntuación por este concepto. A nota media ponderada do conxunto das prácticas terá que ser maior ou igual que o 40% da nota máxima; en caso contrario, a nota global do curso será esa nota media ponderada das prácticas. |
40 |
Proba de resposta múltiple | A28 A29 A30 A33 B1 B2 B3 B4 B5 B9 B11 C1 C3 C4 C5 C6 | Durante o curso realizaranse test de comprobación do aproveitamento obtido e o nivel de coñecemento alcanzado polos alumnos nas clases expositivas e interactivas e no traballo autónomo encargado. Estas probas efectuaranse por medio da plataforma de tele-ensino Moodle da UDC PERO NA aula, a cuxo efecto os alumnos deberán estar provistos dos medios axeitados para a súa execución. Calcularase a media das notas obtidas no test realizados durante o curso, e para aplicar a porcentaxe de participación na nota global requirirase que a nota media do test sexa maior ou igual que o 40% da nota máxima. En caso contrario, non se computará puntuación por este concepto para a obtención da nota global en calquera das dúas oportunidades de cada curso. |
10 |
Sesión maxistral | A17 A27 A28 A29 A30 A33 A63 B1 B2 B3 B4 B5 B9 B11 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 | A asistencia a clases, tanto expositivas como interactivas, será obrigatoria polo menos nun 80% das horas lectivas, salvo xustificación de causa de forza maior. O incumprimento do requisito de asistencia mínima implicará que o alumno será considerado como NON PRESENTADO en calquera das dúas oportunidades do curso. Realizaranse controis de asistencia mediante folla de firmas. O requisito de asistencia establécese para cada curso, tanto para alumnos de primeira matrícula como para alumnos repetidores e non conservarase para cursos sucesivos. |
0 |
Proba obxectiva | A17 A27 A28 A29 A30 A33 A63 B1 B2 B3 B4 B5 B9 B11 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 | Avaliarase o coñecemento dos temas incluídos no programa da materia, adquirido polos alumnos por medio das clases expositivas, da análise de fontes documentais e do estudo persoal, e dos traballos prácticos realizados durante o curso. En cada unha das dúas oportunidades do curso, o exame constará de preguntas test e de preguntas de desenvolvemento, que estarán divididas en partes correspondentes aos temas explicados ou dirixidos por cada un dos profesores. Cada parte computará o correspondente % da nota do exame. A puntuación estará indicada no texto do exame. Requiriranse os seguintes requisitos para poder compensar a nota do exame cos restantes elementos de avaliación da materia: Nota mínima no test e en cada parte do exame: 30% da nota máxima Nota media mínima do conxunto do exame: 40% da nota máxima No caso de que a nota do test ou dunha das partes do exame sexa < 3, a nota global do curso será a nota desa parte do exame. No caso de que a nota media do exame sexa < 4, a nota global do curso será esa nota media . |
40 |
Traballos tutelados | A17 A27 A28 A29 A30 A33 A63 B1 B2 B3 B4 B5 B9 B11 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 | Traballos tutelados: de realización mediante o traballo autónomo do alumnado coa guía e indicacións do profesorado, como iniciación ao proceso de autoformación imprescindible para o posterior exercicio profesional. Calcularase a media das notas obtidas nos traballos tutelados e para aplicar a porcentaxe de participación na nota global requirirase que a nota media sexa maior ou igual que o 40% da nota máxima. En caso contrario, non se computará puntuación por este concepto para a obtención da nota global en calquera das dúas oportunidades de cada curso. |
10 |
Observacións avaliación | |||
CONDICIÓNS PARA TODAS As OPORTUNIDADES : Para o cálculo media dos traballos tutelados e das probas de Existen erros graves que inhabilitan para superar a materia. A obtención de menos dun catro (4) sobre dez, en cada unha das CONDICIÓNS PARA A SEGUNDA OPORTUNIDADE: -A nota dos traballos tutelados e das probas de resposta múltiple -Poderanse substituír as prácticas presentadas á primeira - Será preciso presentarse á proba obxectiva final (exame), - Na segunda oportunidade poderanse recuperar aquelas partes Os "Alumnos con recoñecemento á dedicación a tempo parcial e Para os estudantes que soliciten a exención académica, a "A realización fraudulenta de traballos, probas ou
|