Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A13 A14 A15 A17 A19 A25 A26 A27 A38 A41 B12 B11 B10 B9 B7 B6 B5 B4 B3 B2 C1 C3 C6 Utilizarase o método de AVALIACIÓN CONTINUA, o que significa que se controlará a asistencia a clase e que a cualificación se obterá da actitude e evolución do traballo do alumno/a ao longo do cuadrimestre que, por obxectividade, quedará reflectida na realización do/s traballo/s proposto no Obradoiro. Isto permitirá comprobar que o alumnado ten asimilado os contidos conceptuais, as competencias e os métodos de traballo da materia.

Para poder aprobar a materia en calquera das oportunidades é necesaria a asistencia, como mínimo, nun 80% ás clases maxistrais e ao obradoiro, así como a realización das entregas especificadas na programación do curso.

A aqueles estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e exención académica de asistencia, segundo o establecido pola “NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DO ESTUDIANTE DE GRAO NA UDC” (Artigos 2.3; 3.b e 4.5) (5/ 29/212), se lles esixe un 40% de asistencia.

O incumplimiento da asistencia ou das entregas do Obradoiro dará lugar á cualificación de "NON PRESENTADO" na convocatoria (en calqueira das oportunidades).

A valoración dos traballos realizados non se restrinxe só aos contidos, senón que tamén se verificará a autoría dos mesmos. A detección de plaxio, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na materia, na convocatoria extraordinaria.

Ao comezo do curso entregaráselle ao alumnado un documento no que se recollerán todos os aspectos relacionados co traballo a realizar no cuadrimestre, os contidos mínimos a presentar, as datas de entregas parciais e/ou finais das prácticas, etc.

As entregas realizaranse na plataforma Moodle da UDC e en formato físico, seguindo as pautas recollidas no documento facilitado ao comezo do curso.

Os traballos valoraranse sobre 10, sendo un 5 a cualificación mínima para poder superar o obradoiro.

Para obter unha cualificación mínima de 5 puntos, o alumnado deberá ter presentado o traballo ou traballos coa documentación mínima esixida ao comezo do curso, así como ter sido supervisado por algún docente da materia.

En caso de non superar o obradoiro, poderá ser recuperado na seguinte oportunidade. A cualificación de NON PRESENTADO non será recuperable.

Aqueles alumnos que non superen a materia, nas dúas oportunidades de cada convocatoria, deberán presentar, en convocatorias consecutivas, de novo e coas oportunas correccións, os traballos ou traballos realizados, ata a súa superación.

CONDICIÓNS PARA TODAS AS OPORTUNIDADES. Na avaliación do alumnado aplicaranse as seguintes condicións simultáneas para poder superalas:
- Completar a asistencia requirida.
- Superar o obradoiro, cunha cualificación mínima de 5 sobre 10.

Nota. A docencia para estudantes de programas de mobilidade ou con validación parcial, poderá adaptarse a condicións pedagóxicas e de programación únicas, así como a traballos específicos tutelados.
100
 
Observacións avaliación