Descrición xeral |
O actual programa da Escola Superior de Arquitectura da Coruña inclúe, no 5º curso, a materia de Intervención no Patrimonio Europeo adscrito ao Departamento de Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición, sendo unha resposta as prácticas de caracterización e intervención no noso rico e amplo patrimonio arquitectónico, edificado e territorial, que conforma en Galicia unha realidade insustituible nos procesos identitarios, no coñecemento da disciplina e, polo tanto, na formación dos alumnos da escola galega de arquitectura. Estes procesos tamén son esenciais para profundizar na propia comprensión cultural e na historia universal da humanidade, como documentan e certifican o amplo patrimonio galego que forma parte do listado do Patrimonio Mundial da UNESCO e do Rexistro de Bens Culturais do Estado Español e, polo tanto, de Europa. A intención desta asignatura é sinalar información, coñecementos, criterios, materiais e técnicas esenciais para prácticas dirixidas á conservación, restauración e rehabilitación (como foron sistematizadas fundamentalmente desde o século XVIII ata o de agora), en clara convivencia coa normativa legal. e procedementos administrativos que salvagardan as accións que se levan a cabo no marco do noso estado de dereito social e democrático (a través da Constitución, dos Estatutos de autonomía e dos tratados internacionais), que fan referencia ás obrigas de acceso, protección e conservación do patrimonio cultural arquitectónico, construído e territorial, caracterizado como tal. |