Portafolios do alumno |
O alumno desenvolve un traballo persoal no que demostra a súa aptitud para crear estudos e proxectos de intervención no patrimonio cultural a nivel de proxecto básico. |
Análise de fontes documentais |
Antes de iniciar o desenvolvemento material dos traballos, se procederá á análise das fontes documentais relacionadas co tema proposto mediante a utilización de documentos audiovisuais, bibliográficos, reportaxes documentais, paneis gráficos, fotografías, maquetas, artículos, textos informativos, normativa de aplicación, etc. Os grupos (profesores–alumnos) analizan a documentación dispoñible e a amplían, elaborando una síntese das distintas fontes documentais. |
Aprendizaxe colaborativa |
A clase se organiza en pequenos grupos de traballo, onde os alumnos traballan conxuntamente para resolver as tarefas asignadas polo profesor. Se organiza o grupo para obter a máxima información posible e compartila. |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
Elaboración de material de síntese sobre os traballos realizados na materia para a participación no acto-exposición organizado polo Departamento de Deseño Arquitectónico, Urbanismo e Composición: "Arquitecturas en proceso. DPAUC" (paneis, maquetas, debuxos, vídeos, textos, etc.) .).
Asistencia a actos divulgativos (congresos, charlas, simposios, xornadas, etc.), organizados pola ETSAC, o DPAUC, etc., sinalados polo profesorado da materia como parte dos contidos docentes do curso, co obxectivo de proporcionar alumnado con coñecementos e experiencias actuais, relativos a un determinado campo de estudo da materia. |