Asistencia mínima. A asistencia é obrigatoria cando menos a un 80% das sesións que compoñen o curso. Sen este requisito, o alumnado non poderá aprobar por curso a materia. O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC" (Arts. 2.3; 3.b e 4.5) (29/5/212), deberá asistir a un mínimo do 50% das sesións. No tocante ás actividades que xurdan, ao abeiro do traballo no obradoiro, e que supoñan algunha modificación do calendario ou horario lectivo, serán de carácter voluntario e sempre se ofrecerá unha alternativa dentro das horas estipuladas de asistencia obrigatoria. Matrícula tardía. As persoas matriculadas con posterioridade ao inicio do curso académico deberán asistir ás clases teóricas e prácticas dende a data da súa matrícula, tendo a posibilidade de recuperar as prácticas realizadas até a data. Avaliación. Parasuperar a materia, o alumnado disporá de dúas oportunidades: maio/xuño e xuño/xullo. Na primeiraoportunidade. o alumnado será avaliado polos resultados do seu traballo no obradoiro. Non entregar otraballo teórico-práctico no momento da primeira oportunidade de avaliación implicaunha cualificación de "Non Presentado". Quen non superase esta primeira oportunidade poderá presentarse a unha segunda, que consistiránunha proba mixta de tipo teórico-práctica no mes de xuño/xullo, segundo ocalendario oficial. Para poder presentarse a esta segunda oportunidade o alumnadodeberá entregar o traballo teórico-práctico, axeitadamente titorizado polo profesorado, no momento de realización da proba. | Medidas de dedicación para o alumnado a tempo parcial: non se contemplan, porque é unha materia na que o obradoiro é a metodoloxía fundamental. |
| Exención académica: non se contempla, por tratarse dunha materia na que o obradoiro é a metodoloxía fundamental. |
| A detección de plaxio, así como a realización fraudulenta de probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na materia na correspondente convocatoria, quedando así invalidada calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación. a convocatoria extraordinaria. |