Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Particularidades do Dereito Marítimo | Código | 631510211 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Optativa | 3 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Obradoiro | A16 A22 B1 B3 B9 B10 B13 B15 B16 | O alumnado que asista a clase cunha regularidade superior ao 80%, a súa cualificación farase mediante a AVALIACIÓN CONTINUA da seguinte forma: Valorarase a asistencia e participación do alumnado na aula, así como a realización e exposición de casos prácticos e traballos con exposición e debate na clase. Terase en conta a profundidade do contido, a linguaxe adecuada ao contexto xurídico, o uso de fontes documentais complementarias e actuais, así como a presentación e claridade na exposición. |
50 |
Proba obxectiva | A16 A22 B1 B3 B4 | Para os alumnos que NON asistisen a clases regularmente na aula nun 80%, terán que: Elaborar un proxecto encomendado polo profesor. E tamén realizar os casos prácticos referenciados en Moodle que se desenvolveron durante o curso. Tanto para o traballo como para os casos terase en conta a profundidade do contido, a linguaxe adecuada ao contexto xurídico, o uso de fontes documentais complementarias e actuais, así como a presentación e claridade da exposición. |
50 |
Observacións avaliación | |||
Á hora de deseñar e realizar a avaliación teranse en conta os criterios de avaliación contemplados na táboa A-II/2 do Código STCW, e incluídos no Sistema de Garantía de Calidade. Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e exención académica de exención de asistencia, segundo o establecido pola NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario. |