Aprendizaxe colaborativa |
Relacionado cos temas das sesions maxistrais, requerirase aos alumnos a realización de actividades, ben en solitario, en parellas ou en pequenos grupos, sobre diversas temáticas. Estas actividades poranse en común na aula, beneficiándose todos os alumnos das informacións recabadas polos seus compañeros. |
Lecturas |
Levaranse a cabo clases sobre determinados temas nas que o material central serán documentos e informes reales de traballo no ámbito marítimo. Sobre esta documentación os alumnos realizarán tarefas específicas para fomentar a comprensión lectora e a pronunciación. |
Solución de problemas |
Proporanse unha serie de actividades que os alumnos terán que completar na aula e no seu tempo de autoaprendizaxe utilizando as TIC |
Proba oral |
Proponse a realización dunha breve proba oral co fin de comprobar os avances do alumno con relación as súas destrezas oral e auditiva. |
Sesión maxistral |
Cada un dos temas propostos no apartado 3. Contidos, será desenrolado en sesión maxistral . |