Esta materia encádrase dentro das materias básicas das enxeñarías, e máis concretamente considérase como unha materia transversal porque as competencias adquiridas son importantes para cursar a maioría das materias da titulación.
As competencias adquiridas nesta materia serán de gran axuda para o desenrolo das funcións do oficial de ponte no seu posto de traballo, porque lle permitirán familiarizarse coas novas tecnoloxías aplicadas tanto na navegación coma nas operacións de carga en porto.
Para un mellor aproveitamento da mesma, é fundamental que o alumnado adquira previamente os coñecementos que se imparten en Navegación e Teoría do Buque no primeiro cuadrimestre, materias coas que están moi estreitamente relacionada.
Tamén se considera que está relacionada co Inglés Técnico Marítimo, pois moita da información a manexar e os traballos a desenrolar faranse neste idioma.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías