Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Manobra II | Código | 631G01309 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Terceiro | Optativa | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | Presentación oral dos temas que compoñen a materia, buscando tamén a participación activa do alumnado. Como soporte poderíase utilizar presentacións en Power Point, software técnico (CAD, Maxsurf, #etc) e vídeos. Algúns contidos pódense desenvolver en inglés. |
Obradoiro | Aplicación práctica das sesións maxistrais, resolución de problemas (fórmulas, cálculos) e análises de casos prácticos. Poderá aplicarse algún Xogo de Rol para a explicación de actuacións reais a bordo e o uso das Standard Marine Communication Phrases. |
Traballos tutelados | Un exemplo de Traballo Tutelado pode ser a aplicación dos contidos da materia no desenrolo dun caso práctico de Plan de Viaxe. |
Aprendizaxe colaborativa | Procedemento guiado de forma presencial e/o apoiado con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesor. |
Proba obxectiva | Proba deseñada para determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/o de asociación. Tamén se pode construír cun só tipo dalgunha destas preguntas. Ao longo do curso iranse realizando varias. |
Proba mixta | Consistirán en probas, xeralmente escritas, que constarán de preguntas teóricas (proba de ensaio, resposta breve, #etc) e de preguntas prácticas (cálculos, gráficos de manobras, etc). |