Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Métodos Numéricos e Estatísticos | Código | 631G03011 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Segundo | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Sesión maxistral | A73 A74 B4 B8 B9 B13 B14 B16 B17 B18 C1 C3 C8 | Resolución de cuestións teóricas ou prácticas breves plantexadas durante as sesións maxistrais. | 10 |
Prácticas a través de TIC | A73 A74 B5 B7 B9 B10 B11 B13 B15 B16 B18 C3 C8 | Prácticas e problemas a resolver utilizando software científico | 10 |
Traballos tutelados | A73 A74 B1 B3 B4 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B14 B15 B16 B18 C1 C3 C7 C8 C9 | Prácticas e problemas a resolver | 5 |
Proba obxectiva | B1 B5 B7 B9 B11 B14 B15 B16 C1 C9 | Entrega para avaliación das respostas do alumno feitas en tempo e forma a cuestións e problemas sobre os coñecementos adquiridos. | 60 |
Solución de problemas | A73 A74 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B14 B15 C1 C3 C7 C9 | Entregas, dentro de prazos concretos, das resolucións por parte do alumno, ou grupo de alumnos, de problemas ou prácticas propostas, da mesma categoría e dificultade dos tratados nas clases interactivas, tanto para resolver a man, como con axuda de software científico. | 15 |
Observacións avaliación | |||
Os estudantes que participan no sistema EEES, deberán acudir a un mínimo do 80% das clases. A avaliación continua (solución de problemas e prácticas plantexados en clase para entregar) supón o 40% da nota. Ó longo do cuadrimestre realizaranse dúas probas parciais que permitan acadar o restante 60% da nota (proba obxectiva). Os estudantes que teñan realizado a avaliación continua (solución de problemas) pero non superasen a materia trala realización dos parciais (probas obxectivas), terán a oportunidade de acadar o 60% da nota correspondente a proba obxectiva nun examen final de toda a asignatura na primeira ou segunda oportunidade. Os parciais non eliminan materia. Un alumno que non aprobe a materia trala realización dos parciais e que non se presente ós exames finais, será cualificado como NON PRESENTADO. Os estudantes que decidan NON participar no sistema EEES serán avaliados a través dunha única proba individual (que constará de cuestións teóricas e prácticas, incluíndo no seu caso a resolución de problemas co software científico utilizado durante o curso), que constituirá o 100% da avaliación. O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b; 4.3 e 7.5) (04/05/2017), e queira manterse na vía do EEES e beneficiarse da avaliación continua, DEBERÁ INDICALO Ó PRINCIPIO DO CUADRIMESTRE e asistir ó 50% das clases interactivas. No caso de non poder asistir ás prácticas deberá asistir a titorías onde realizará probas equivalentes. Ambas oportunidades: A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado/a con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario. |